A FESTA DAS CABAZAS A FESTA DOS CALACÚS Corrección de texto: Rebeca Fernández Facal e Alejandra Campo Penín SAMAÍN, 2016 MATERIAIS INFANTIL e PRIMARIA CEIP EUSEBIO DA GUARDA A Coruña EQUIPO DINAMIZACIÓN LINGUA GALEGA EQUIPO DINAMIZACIÓN LINGUA GALEGA CEIP GALÁN de OSEIRO-ARTEIXO (A CORUÑA) EQUIPO DE ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES. CEIP DE GALÁN SAMAÍN, 2016. A FESTA DAS CABAZAS. A FESTA DOS CALACÚS 1
AS ORIXES DO SAMAÍN Textos de Rafael López Loureiro, Asociación para a Renovación Pedagóxica e Cultural «Martín Sarmiento» e Sindicato Galego de Ensino e Investigación. A noite do 31 de outubro comezaba o aninovo celta, como aínda se celebra na illa de Man. Nesta noite as ánimas dos finados voltan visitar ás súas familias e ás súas vellas casas para quentárense a carón do lume e comer dos alimentos que con agarimo lles teñen preparados os parentes. O cristianismo, adoptando o aninovo dos celtas e a súa festa á honra dos mortos, designaría o primeiro de novembro como Día de Todos os Santos, e no século XII, o día seguinte, estableceríao como Día dos Defuntos. 1.- Que día comezaba o aninovo celta? 2.- Que fan as ánimas dos finados ao comezo do aninovo celta? 3.- Que día celebra o cristianismo o aninovo dos celtas? 5.- Que camiño seguirá esta ánima para chegar á casa dos seus parentes? SAMAÍN, 2016. A FESTA DAS CABAZAS. A FESTA DOS CALACÚS 2
A LENDA DAS CABAZAS, CATRO TEXTOS Textos de Rafael López Loureiro, Asociación para a Renovación Pedagóxica e Cultural «Martín Sarmiento» e Sindicato Galego de Ensino e Investigación. Chega o outono. Tempo de castañas, noces, vento, follas secas e días escuros. É o tempo de recoller o maínzo e as cabazas. É tamén o tempo en que a rapazada fai as caveiras na cortiza das cabazas, seguindo unha antiga tradición dos tempos dos celtas. Os celtas foron uns antigos habitantes de Galicia. Un dos seus costumes era poñer unha luz acesa dentro das caveiras dos inimigos mortos. Xa hai moitos séculos que tal costume se perdeu, máis hoxe en día aínda fica a tradición de tallar unha caveira na cortiza dos melóns e poñer no seu interior unha candea que escintile pola noite. Os celtas tiñan un grande respecto polos mortos. Nas súas caveiras poñían unha candea para que, ao escentilar pola noite, puxera medo no corazón da xente. Tal cousa facíana ao chegar os tempos escuros do ano, que ao andar o tempo, foise transformando na festa dos defuntos. Hoxe en día xa non se practican tales crenzas, máis ao longo do tempo mantívose un costume derivado destas: tallar caveiras na cortiza das cabazas e alumealas cunha candea no seu interior. 1.- Que fai a rapazada cando chega o outono? 2.- Que facían os celtas coas caveiras dos inimigos mortos? 3.- Por quen tiñas os celtas un gran respecto? SAMAÍN, 2016. A FESTA DAS CABAZAS. A FESTA DOS CALACÚS 3
O ENCRUCILLADO DO SAMAÍN 1 S 5 6 2 3 4 A M A I N 1.- CELTAS 2.- CABAZAS 3.- MAN 4.- ÁNIMAS 5.- CRISTIANISMO 6.- OUTONO HORIZONTAIS 1.- Antigos habitantes de Galicia. 2.- Planta que se recolle no outono e na que, despois de tallada, se lle pon unha candea para poñer medo á xente. 3.- Illa na que aínda se celebra o aninovo celta. 4.- Espíritos que voltan visitar ás súas familias e ás súas vellas casas na noite do aninovo celta, o 31 de outubro. 5.- Relixión que adoptou o 1 de novembro como Día de Todos os Santos. 6.- Época do ano na que se celebra o Samaín. A FOTOCOPIA DA CABAZA SAMAÍN, 2016. A FESTA DAS CABAZAS. A FESTA DOS CALACÚS 4
A MIÑA AMIGA A ESCURIDADE A miña amiga a escuridade, de Ella Burfoot. Baía Edicións Ao final do día, María estaba pensando a que ía xogar. Mentres, a escuridade comezaba a entrar pola ventá. Pouco a pouco, a escuridade foi cubrindo todo o cuarto. En tanto que María xogaba, bailaba e ría, alguén andaba por alí. Como quen non quere a cousa, a escuridade foi esvarando pola parede. María decatouse, pero non sentiu ningún medo. Rapidamente, a escuridade foi ocupando toda a habitación. SAMAÍN, 2016. A FESTA DAS CABAZAS. A FESTA DOS CALACÚS 5
QUE LEMBRAS DA LECTURA? 1.- Que estaba pensando María ao final do día? 2.-Que foi cubrindo pouco a pouco a escuridade? 3.-Que tres cousas facía María no seu cuarto? 4.- Por onde esvaraba a escuridade? 5.- Arrodea as cousas que dean medo. SAMAÍN, 2016. A FESTA DAS CABAZAS. A FESTA DOS CALACÚS 6
QUE LEMBRAS DA LECTURA? 6.- Que camiño debe seguir a escuridade para chegar a María. Coloreao. SAMAÍN, 2016. A FESTA DAS CABAZAS. A FESTA DOS CALACÚS 7
OS BOLECHAS Os Bolechas van ir á festa dos Calacús que fan na escola e teñen que levar cadanseu calacú. Os Bolechas van á festa dos Calacús, de Pepe Carreiro. Edit. A Nosa Terra Tata leva unha laranxa porque é pequeno e aínda non pode cun cabazo. Velaí van todos co papá á parada do autobús escolar. SAMAÍN, 2016. A FESTA DAS CABAZAS. A FESTA DOS CALACÚS 8
QUE LEMBRAS DA LECTURA? 1.- A que festa van ir os Bolechas? 2.- Onde vai ser a festa? 3.-Que leva Tata para a festa? 4.- Porque leva Tata unha laranxa? 5.- Con quen van todos os rapaces? 6.- Que tipo de transporte van coller os Bolechas? 7.- Que animal aparece nas imaxes dos Bolechas? Arrodea a súa silueta. SAMAÍN, 2016. A FESTA DAS CABAZAS. A FESTA DOS CALACÚS 9
O LABIRINTO DO MOUCHO Que camiño terá que seguir o morcego para chegar a casa do seu amigo o moucho? SAMAÍN, 2016. A FESTA DAS CABAZAS. A FESTA DOS CALACÚS 10
O LABIRINTO DA OLA Que camiño terá que percorrer a araña para chegar á súa arañeira? SAMAÍN, 2016. A FESTA DAS CABAZAS. A FESTA DOS CALACÚS 11
COMO SE TALLA UNHA CABAZA? 1 Escolle a túa cabaza. O tamaño non importa, pero procura que estea máis verde que madura. Aguantará máis tempo. 2 Coa axuda dun familiar maior corta a parte superior da cabaza e gárdaa. Servirache de tapa. 3 Colle unha culler e baleira o interior da cabaza. Límpaa moi ben para que quede só a tona dura do exterior. 4 Talla unha cara que dea moito medo. Cun coitelo ide tallando os ollos, o nariz, a boca... 5 Decora a cabaza, colócalle unha candea no interior e xa está. Colócaa na fiestra, na terraza, nun valado, no camiño e... a meter medo á veciñanza! SAMAÍN, 2016. A FESTA DAS CABAZAS. A FESTA DOS CALACÚS 12
UN MORCEGO Pinta de negro as ás do morcego. Pinta, tamén de negro, unha pinza de madeira, con rotuladores ou témpera. Recorta as ás e os ollos e monta as dúas cousas sobre a pinza. Xa tes o morcego! MODELO SAMAÍN, 2016. A FESTA DAS CABAZAS. A FESTA DOS CALACÚS 13
OUTRO MORCEGO Pinta de negro as ás do morcego, as orellas e o cilindro do papel hixiénico. Recorta as ás, os ollos e as orellas do morcego. Pégaas sobre o cilindro negro e debúxalle a boca. 1234567890 1234567890 1234567890 1234567890 1234567890 1234567890 1234567890 1234567890 1234567890 1234567890 1234567890 1234567890 1234567890 12345678901 12345678901 12345678901 12345678901 12345678901 12345678901 12345678901 12345678901 12345678901 12345678901 12345678901 12345678901 12345678901 12345678901 1234 1234 1234 1234 1234 1234 1234 1234 1234 MODELO SAMAÍN, 2016. A FESTA DAS CABAZAS. A FESTA DOS CALACÚS 14
DÚAS PANTASMAS Pinta e recorta as pantasmas. Pégaas en cadansúa palliña e xa tes dous monicreques. SAMAÍN, 2016. A FESTA DAS CABAZAS. A FESTA DOS CALACÚS 15
UNHA CABAZA PARA O SAMAÍN Recorta a cabaza, pícalle os ollos, o nariz e a boca e pégalle papel celofán de cores nos ocos. Cólgaa dun fío ou pégaa na fiestra. SAMAÍN, 2016. A FESTA DAS CABAZAS. A FESTA DOS CALACÚS 16
A CAVEIRA ARREPIANTE!!! Colorea de negro a caveira. Pícalle os ollos, a boca e o nariz. Recórtaa e pégalle papel celofán de cores pola parte posterior. Cólgaa dun fío ou pégaa na fiestra. SAMAÍN, 2016. A FESTA DAS CABAZAS. A FESTA DOS CALACÚS 17
UN ESQUELETO DE MEDO Recorta o esqueleto seguindo as liñas, pícalle os furados e móntao con encadernadores. SAMAÍN, 2016. A FESTA DAS CABAZAS. A FESTA DOS CALACÚS 18
MEDIO MORCEGO Serás quen de completar o morcego? Coloréao, recórtao e cólgao dun fío. SAMAÍN, 2016. A FESTA DAS CABAZAS. A FESTA DOS CALACÚS 19
UN ANTEFACE PARA O SAMAÍN Colorea o anteface de cabaza, pícalle os ollos, recórtao, colócalle unha goma e xa es unha auténtica cabaza con pernas. SAMAÍN, 2016. A FESTA DAS CABAZAS. A FESTA DOS CALACÚS 20
A SOPA DE CABAZA Colorea a bruxa que está a preparar unha rica sopa de cabaza e recórtaa. SAMAÍN, 2016. A FESTA DAS CABAZAS. A FESTA DOS CALACÚS 21
O ESTANDARTE DO SAMAÍN (1 DE 2) Colorea a cabaza das dúas fichas. Pícalles os ollos, nariz e boca. Pégalle papel celofán pola parte posterior. Recorta as cabazas, decóraas con papeis de cores, pega unha coa outra e colócalle un paíño polo medio. SAMAÍN, 2016. A FESTA DAS CABAZAS. A FESTA DOS CALACÚS 22
O ESTANDARTE DO SAMAÍN (2 de 2) Colorea a cabaza das dúas fichas. Pícalles os ollos, nariz e boca. Pégalle papel celofán pola parte posterior. Recorta as cabazas, decóraas con papeis de cores, pega unha coa outra e colócalle un paíño polo medio. SAMAÍN, 2016. A FESTA DAS CABAZAS. A FESTA DOS CALACÚS 23
UN CREBACABEZAS Colorea as pezas, recórtaas e monta unha cabaza. SAMAÍN, 2016. A FESTA DAS CABAZAS. A FESTA DOS CALACÚS 24
UN RATIÑO Pintalle os bigotes, colorea, recorta, dobra pola liña discontínua, pégalle as orellas ao ratiño e cun cacho de la faille o rabo. 56 3456 1234567 12345678 2345678 23456789 3456789 4567890 4567890 5678901 56789012 6789012 7890123 7890123 8901234 89012345 9012345 901234 0123 456 34567 2345678 1234567890 2345678901 3456789012 4567890123 6789012345 7890123456 8901234567 0123456789 1234567890 23456789 45678 5678 67 SAMAÍN, 2016. A FESTA DAS CABAZAS. A FESTA DOS CALACÚS 25
UN ANTEFACE DE MORCEGO Colorea, pica, recorta, colócalle unhas gomas e xa tes o anteface para asustar á xente. SAMAÍN, 2016. A FESTA DAS CABAZAS. A FESTA DOS CALACÚS 26
O MÓBIL Colorea, recorta, pica e monta as pezas deste móbil do Samaín. SAMAÍN, 2016. A FESTA DAS CABAZAS. A FESTA DOS CALACÚS 27
UN PIN DO SAMAÍN Colorea, recorta, plastifica a cabaza e pégalle pola parte posterior unha pinza ou un clip e poderás lucir o pin conmemorativo do Samaín deste ano. SAMAÍN, 2016 SAMAÍN, 2016. A FESTA DAS CABAZAS. A FESTA DOS CALACÚS 28
CON ÁS DE MORCEGO Para facer un auténtico morcego-pinza só precisas unhas pinzas da roupa, colorear e recortar estas ás, pegarllas á pinza nos laterais e colocar o morcego-pinza na camisa, nun libro... onde ti queiras. 123 123456 123456 123456 123456 123456 123456 123456 123456 123456 123 5 12345 12345 12345 12345 12345 12345 12345 12345 12345 12345 345 SAMAÍN, 2016. A FESTA DAS CABAZAS. A FESTA DOS CALACÚS 29
A PANTASMA Para facer esta pantasma só precisas dun prato de cartón, para a cara, un folio para facerlle o corpo, colorear os ollos e a boca, recortar e pegarlle os brazos. SAMAÍN, 2016. A FESTA DAS CABAZAS. A FESTA DOS CALACÚS 30
UN ESQUELETO PARA O SAMAÍN Colorea de negro o borde do esqueleto, os ollos, o nariz... e deixa sen colorear os ósos. Recorta o esqueleto polo borde exterior, plastifícao e pégalle unha pinza pola parte posterior. Xa tes listo un pin para lucir este Samaín, 2013! SAMAÍN, 2016. A FESTA DAS CABAZAS. A FESTA DOS CALACÚS 31
E OUTRO MORCEGO MÁIS... Colorea de negro o corpo e as ás do morcego. Pega o corpo e as ás, os ollos e os cairos. Picalle ao morcego un furadiño na parte posterior, colócalle un fío e xa o tes listo para colgar na aula, na casa, no portal, no... SAMAÍN, 2016. A FESTA DAS CABAZAS. A FESTA DOS CALACÚS 32
UN CRANIO PELADO, PELADO... Colorea de negro os ollos, o nariz, a beira da boca e pega todas as pezas pola parte anterior e posterior. Terás dúas caveiras nunha soa. Faille un furadiño na parte posterior, colócalle un fío e... a colgala!. SAMAÍN, 2016. A FESTA DAS CABAZAS. A FESTA DOS CALACÚS 33
UN MONICREQUE Colorea o morcego polas dúas partes. Recórtao e pegao cunha palliña ou un pau pequeniño polo medio. Xa podes xogar co teu monicreque. SAMAÍN, 2016 SAMAÍN, 2016. A FESTA DAS CABAZAS. A FESTA DOS CALACÚS 34
UNHA GUIRNALDA DE CAVEIRAS Colorea de negro as caveiras, recórtaas, xúntaas cos do resto da clase e pégadeas nun fío para conseguir a guirnalda coa que decorar a aula, os corredores... SAMAÍN, 2016. A FESTA DAS CABAZAS. A FESTA DOS CALACÚS 35
UNHA GUIRNALDA DE CABAZAS Colorea da cor que queiras as cabazas, recórtaas, xúntaas cos do resto da clase e pégadeas nun fío para conseguir a guirnalda coa que decorar a aula, os corredores... SAMAÍN, 2016. A FESTA DAS CABAZAS. A FESTA DOS CALACÚS 36
UNHA GUIRNALDA DE MORCEGOS Colorea de negro os morcegos, recórtaos, xúntaos cos do resto da clase e pégadeos nun fío para conseguir a guirnalda coa que decorar a aula, os corredores... SAMAÍN, 2016. A FESTA DAS CABAZAS. A FESTA DOS CALACÚS 37
UNHA GUIRNALDA DE MOUCHOS Colorea de negro os mouchos, recórtaos, xúntaos cos do resto da clase e pégadeos nun fío para conseguir a guirnalda coa que decorar a aula, os corredores... SAMAÍN, 2016. A FESTA DAS CABAZAS. A FESTA DOS CALACÚS 38
UNHA GUIRNALDA DE PANTASMAS Recorta as pantasmas, xúntaas coas do resto da clase e pégadeas nun fío para conseguir a guirnalda coa que decorar a aula, os corredores... SAMAÍN, 2016. A FESTA DAS CABAZAS. A FESTA DOS CALACÚS 39